"Ruta dos Carpinteiros cos pés mollados" - Domingo 3 de xullo - 10h - 1ª Edición Feira Náutica do Freixo en Outes!
Event s 1080x1350

"Ruta dos Carpinteiros cos pés mollados" - Domingo 3 de xullo - 10h - 1ª Edición Feira Náutica do Freixo en Outes!

Organizado por: CONCELLO DE OUTES

Centro Náutico Municipal do Freixo. O Freixo Ver mapa Centro Náutico Municipal do Freixo. O Freixo

Venta online cerrada.

Para más información pregunta al organizador del evento.

Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".

Detalle del evento

1. ELEMENTOS DE INTERESE

Ruta na que coñeceremos a carpintería de ribeira, atravesando pola praia de Siavo en direción á praia de Broña. Observaremos distintas rampas de pescadores e talleres artesanais da carpintaría de ribeira e coñeceremos en profundidade un antigo estaleiro, situado na zona de  Broña, hoxe rehabilitado para convertelo no Museo da Carpintería de Ribeira de Outes así como

2. DESCRICIÓN

Este roteiro litoral vai permitir visualizar un espazo “histórico” no que se realizaba un traballo artesanal vinculado directamente coa actividade da pesca e o marisqueo. Ao longo do paseo interpretado visitaranse dous estaleiros que aínda se conservan en bo estado para coñecer o traballo que se realizaba no seu interior. Tamén se poderán observar moitos restos da pegada destas carpintarías de ribeira que durante sesenta ou setenta anos foron o sustento de medio milleiro de familias da zona.


Como explica Santi Llovo nun dos seus estudos: «toda pedra que hai no mar ten un significado. Se non sabes o que había, non sabes o que queda". Así, visitaremos tanto carpinterías das que só quedan as ramplas de lanzamento, coma outras moito mellor conservadas, descubrindo, durante a ruta guiada, os lugares onde se construiron embarcacións históricas como o Joaquín Vieta, o Eliseo, o Galeón de Abelleira ou o Carmen Barcia.


A experiencia de realizar a "Ruta dos Carpinteiros cos Pés Mollados" permitirá así coñecer a historia da zona profundando nos procesos relacionados coa construción de embarcacións  como o "curado" da madeira, ou o detalle do traballo das persoas que sea dedicaban a este  artesanal proceso como era no seu día a figura do “fragueiro”, que ía ao monte para buscar o carballo específico que se necesitaría para a elaboración da embarcación en construcción.



3. INFORMACIÓN DE INTERESE

Distancia: 10 km (ida e volta)
Dificultade: fácil
Altitude máxima: 20 m
Tipo de ruta: ida e volta.
Desnivel acumulado: 60 m


4.    RECOMENDACIÓNS
•    Levar auga para a ruta
•    Calzado axeitado

Punto de encontro: Náutico Municipal do Freixo

Os menores deben reservar entrada e acudir á actividade acompañados dunha persoa adulta responsable.

Rogamos ás persoas que reserven entrada que se presenten no Náutico dez minutos antes do comezo da actividade e que cancelen a súa praza enviando un mail a feiranauticadofreixo@gmail.com no caso de non poder asistir á actividade.











Política de acceso

En este caso el promotor no ha especificado la política de acceso a menores, si tienes cualquier duda te animamos a que te pongas en contacto directamente con él.

Opinión (1) 1 Opinión

Dimas
3.07.2022
Asistió el 3.07.2022 OPINIÓN VERIFICADA
Magnífica experiencia
Además de la belleza de la ruta, las explicaciones me hicieron conocer la importancia de una actividad casi extinta.
Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.