"Ruta dos Carpinteiros cos pés mollados" - Domingo 3 de xullo - 10h - 1ª Edición Feira Náutica do Freixo en Outes!
Antolatzailea: CONCELLO DE OUTES
Online salmenta itxita.
Informazio gehiago jasotzeko ekitaldiaren antolatzailearekin harremanetan jarri.
Antolatzailearen datuak "Antolatzailea" eremuan daude.
Gertaeraren xehetasuna
1. ELEMENTOS DE INTERESE
Ruta na que coñeceremos a carpintería de ribeira, atravesando pola praia de Siavo en direción á praia de Broña. Observaremos distintas rampas de pescadores e talleres artesanais da carpintaría de ribeira e coñeceremos en profundidade un antigo estaleiro, situado na zona de Broña, hoxe rehabilitado para convertelo no Museo da Carpintería de Ribeira de Outes así como
2. DESCRICIÓN
Este roteiro litoral vai permitir visualizar un espazo “histórico” no que se realizaba un traballo artesanal vinculado directamente coa actividade da pesca e o marisqueo. Ao longo do paseo interpretado visitaranse dous estaleiros que aínda se conservan en bo estado para coñecer o traballo que se realizaba no seu interior. Tamén se poderán observar moitos restos da pegada destas carpintarías de ribeira que durante sesenta ou setenta anos foron o sustento de medio milleiro de familias da zona.
Como explica Santi Llovo nun dos seus estudos: «toda pedra que hai no mar ten un significado. Se non sabes o que había, non sabes o que queda". Así, visitaremos tanto carpinterías das que só quedan as ramplas de lanzamento, coma outras moito mellor conservadas, descubrindo, durante a ruta guiada, os lugares onde se construiron embarcacións históricas como o Joaquín Vieta, o Eliseo, o Galeón de Abelleira ou o Carmen Barcia.
A experiencia de realizar a "Ruta dos Carpinteiros cos Pés Mollados" permitirá así coñecer a historia da zona profundando nos procesos relacionados coa construción de embarcacións como o "curado" da madeira, ou o detalle do traballo das persoas que sea dedicaban a este artesanal proceso como era no seu día a figura do “fragueiro”, que ía ao monte para buscar o carballo específico que se necesitaría para a elaboración da embarcación en construcción.
3. INFORMACIÓN DE INTERESE
Distancia: 10 km (ida e volta)
Dificultade: fácil
Altitude máxima: 20 m
Tipo de ruta: ida e volta.
Desnivel acumulado: 60 m
4. RECOMENDACIÓNS
• Levar auga para a ruta
• Calzado axeitado
Punto de encontro: Náutico Municipal do Freixo
Os menores deben reservar entrada e acudir á actividade acompañados dunha persoa adulta responsable.
Rogamos ás persoas que reserven entrada que se presenten no Náutico dez minutos antes do comezo da actividade e que cancelen a súa praza enviando un mail a feiranauticadofreixo@gmail.com no caso de non poder asistir á actividade.
Iritzia (1) 1 Iritzia